PRIMEIROS PASOS NA RECUPERACIÓN DO DIQUE DE MAREAS DA CABANA

PRIMEIROS PASOS NA RECUPERACIÓN DO DIQUE DE MAREAS DA CABANA

PRIMEIROS PASOS NA RECUPERACIÓN DO DIQUE DE MAREAS DA CABANA

Trátase do único dique de mareas civil que se coñece en toda Europa, e moi posiblemente do mundo ¿Queres ver e saber mais? Abre o seguinte enlace https://youtu.be/GTwT7n07imE

Ferrol, 30 de novembro.- O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e o concelleiro de Emprego e Promoción Económica, deron hoxe a coñecer polo miúdo os detalles dun dos proxectos mais queridos e coidados deste Goberno local, que pasan por recuperar o dique de mareas da Cabana, o único dique de mareas civil que se coñece en Europa, e moi probablemente en todo o mundo.

O dique vaise restaurar a través dun proxecto presentado polo Concello de Ferrol ao abeiro dunha subvención da Consellería de Mar dentro do grupo GALP (Grupo de Acción Local Pesqueira) Golfo Ártabro Norte, na convocatoria 2017 para axudas a proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo, aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do FEMP.
O proxecto, tal e como expuxo hoxe o rexedor, Jorge Suárez, desenvolverase ao longo de 3 anualidades (2017-2019) cun custo total do proxecto de 217.390 euros, dos cales o Concello de Ferrol achegará a cantidade de 67.390 euros.

“É froito da colaboración e cooperación xenerosa entre diferentes Administracións, como Concello, Xunta e UE, ademais da UDC e da Autoridade Portuaria, para artellar proxectos conxuntos que redundan en beneficio do municipio”, manifestou Suárez.

O alcalde lembraba hoxe que este dique, único no mundo, “é un inmoble cun altísimo valor patrimonial e histórico, que estivo ligado nas súas orixes, e en boa parte da súa vida, á actividade de estaleiro e carpintaría de ribeira”.

O dique das mareas da Cabana e o seu contorno ocupan unha superficie de más de cinco mil metros cadrados na zona de A Cabana, no concello de Ferrol. Comprende: Dique, peiraos, muros, explanada, e dúas edificacións.

A súa recuperación é un proxecto tan ambicioso como fermoso para este Goberno, subliñaba Suárez, e pasa pola posta en valor dunhas instalacións que no seu día foron produtivas no sector do mar e que na actualidade representan un dos poucos exemplos que existen de diques de marea.

“Pola súa singularidade poderase converter nun elemento de atracción de turismo mariñeiro, á vez que posibilitará a recuperación de métodos de construción tradicionais e sostibles”, dixo o rexedor. “Hai que mencionar tamén que este estaleiro foi o primeiro de toda a serie que xurdiron nas ribeiras de La Graña durante el século XIX, pioneiro por tanto dunha actividade que foi continuando no espazo-tempo e que caracteriza a paisaxe e tamén la socioloxía que o rodea”.

Pola súa banda, o concelleiro de Emprego e Promoción Económica, lembraba hoxe que, son moi poucos os exemplos de diques de mareas do mundo, e o de Ferrol ben a ser o único civil, dacordo co experto en Arsenais do Icomos, Jonathan Coad. Desde un punto de vista tecnolóxico, o máis destacable deste estaleiro é o seu dique: dique de mareas, feito segundo a tecnoloxía desenvolvida polos máis grandes enxeñeiros da época inmediatamente anterior para os arsenais militares (Jorge Juan, Llobet, Sánchez Bort).

HISTORIA DUN DIQUE DE MAREAS:

“Hai que mencionar tamén que este estaleiro foi o primeiro de toda a serie que xurdiron nas ribeiras de La Graña durante el siglo XIX, pionerio por tanto dunha actividade que foi continuando no espazo-tempo e que caracteriza a paisaxe e tamén la socioloxía que o rodea”

A enxeñería de portos no ámbito militar foi, no século XVIII, un campo de estudo e investigación moi produtivo, particularmente en Ferrol; na propia construción do Arsenal Militar os debates xerados sobre os mellores medios de cimentación, empuxes, subpresións, mareas, etc., deron lugar a solucións construtivas de gran nivel académico que, como neste caso, varias décadas despois continuaban sen ser superadas.

O estaleiro da Cabana foi a primeira iniciativa naval civil que se desenvolveu na Ría de Ferrol. Xurdiu como consecuencia da apertura dos Correos Marítimos para o comercio cos América colonial (1774) e a instalación dun Consulado Marítimo en Ferrol (1802 1827). O seu fundador foi Juan Antonio Cardemil, en 1810. Anos máis tarde, en 1836, o traspasou a Manuel Ciarán, quen o ampliou construíndo talleres e almacenes. Alí se construíron dúas fragatas, tres corbetas, unha urca, unha goleta e un bergantín, e estaba habilitado para levar a cabo todo o seu mantemento.

Cambiou de mans de novo, aínda que non de actividade, en 1869 (Santiago Moreno y Augusto Vila) en 1883 (J. Pérez Seselle), época na que se utilizou o carenero para máis de cincuenta buques e se instalou unha pequena refinería de petróleo con apoio dos financeiros Barrié-Pastor e, máis adiante, de aceites minerais coa sociedade Detsch y Cía. Xa no século XX cambiou de uso varias veces, albergando desde una fábrica de xabóns até unha sala de festas, pero ningún deles volveu a ser naval e ol dique non se volveu a utilizar desde entón.

Non se coñecen os construtores nin os planos e deseños desta instalación, pero dada a súa similitude cos diques do Arsenal Militar, o máis probable é que participaran nela enxeñeiros da Armada. Aínda que este dique foi de mareas (é dicir, se enchía e baldeiraba totalmente polo fluxo do mar sen necesidade de achicado) a súa forma e materiais se corresponden case exactamente cos que se construíron no Arsenal Militar.

Hai que engadir que estes últimos foron desaparecendo a causa das dimensións e demandas dos buques de guerra actuais, polo que o dique da Cabana preséntase como único exemplo do que foron estas construcións marítimas en Ferrol.

O PROXECTO POLO MIÚDO:

As infraestruturas que comprende, e as actividades a desenvolver en cada unha delas son:

DIQUE: Extracción dos lodos do fondo. Limpeza dos muros de contención e do fondo, tamén de cantería.

MUROS DO PEIRAO: Contémplase neste proxecto a reconstrución da parte do muro caído ao norte da boca do dique. Reconstruirase o muro caído recuperando os mampuestos e sillares que permanecen na ribeira.

CHAIRA / EXPLANADA: Tallado das árbores existentes, todos eles novos e de pequeno porte. Levantamento dos tocós que afloran actualmente á superficie. Demolición dos restos da soleira de formigón existente na zona sur por medios mecánicos. Recollida, almacenamento e catalogación de todas as pezas de cantería e formigón, e outras pezas de interese, existentes que permanecen soltas sobre o terreo, ou enterradas nel, e outras que se precipitaron á ribeira do mar. Protección e consolidación dos restos de construcións ou elementos primitivos que puidesen aflorar con estes traballos. Demolición de elementos engadidos.

– MURO DE CONTENCIÓN: Limpeza do muro e extracción de vexetación. Demolición dos elementos engadidos, e reposición de pezas recuperadas.

EDIFICACIÓNS Recóllese neste proxecto a reconstrución de parte do tinglado primitivo que se atopaba encostado ao muro de contención ao oeste do ámbito. Trátase dunha edificación aberta, construída mediante pórticos de estrutura de madeira.

Compartir noticia:

  • /

Deixa un Comentario

O teu email non será publicado. Os campos requeridos están marcados con *