Coñece o proxecto

O Dique das mareas

O dique de mareas da Cabana restaurarase a través dun proxecto presentado polo Concello de Ferrol na convocatoria 2017 para axudas a proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo, aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do FEMP. Desenvolverase ao longo de 3 anualidades (2017-2019) cun custo total do proxecto de 217.390€, dos cales o Concello de Ferrol achegará a cantidade de 67.390€.

A recuperación destas instalacións que no seu día foron produtivas no sector do mar, e que na actualidade representan un dos poucos exemplos que existen de diques de marea, pola súa singularidade poderase converter nun elemento de atracción de turismo mariñeiro, á vez que posibilitará a recuperación de métodos de construción tradicionais e sostibles.

  • Restauración : 2017-2019
  • Custo total: 217.390€

Galería de Imaxes