O GOBERNO LOCAL ADXUDICOU OS OBRADOIROS POLA IGUALDADE PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES FORMATIVAS E PLÁSTICAS PARA SUPERAR A DESIGUALDADE DE XÉNERO

O GOBERNO LOCAL ADXUDICOU OS OBRADOIROS POLA IGUALDADE PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES FORMATIVAS E PLÁSTICAS PARA SUPERAR A DESIGUALDADE DE XÉNERO

O GOBERNO LOCAL ADXUDICOU OS OBRADOIROS POLA IGUALDADE PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES FORMATIVAS E PLÁSTICAS PARA SUPERAR A DESIGUALDADE DE XÉNERO

Aprobado o inicio do expediente de contratación da Cabalgata de Reis 2018 por un importe máximo de 45.000 euros (IVE incluído) e adxudicado o mantemento eléctrico, alumeado e iluminación semafórica por 1,1 millóns A XGL declarou a responsabilidade de Urbis polos vicios ocultos da urbanización de Canido e avanza na rehabilitación do dique da Cabana

Ferrol, 23 de outubro.- O Goberno de Ferrol ven de adxudicar esta mañá, na Xunta de Goberno Local (XGL) celebrada na Sala de Alcaldes a primeira hora, a contratación dos Obradoiros pola Igualdade, da Área de Benestar Social, Muller, Igualdade e Mocidade, coa empresas Senes CIT S.L, por un importe de 23.986,87 euros co gasto a imputar en dúas anualidades: 2017 (2.370,22) e 2018 (21.616,65).

Este contrato fora licitado mediante procedemento aberto con pluralidade de criterios de valoración e será de un ano prorrogable noutro ano mais por acordo das partes. Trátase do segundo dos lotes de obradoiros formativos, que suma 1.810 horas.

Os obxectivos destes obradoiro son a realización de actividades formativas dirixidas ao fomento da igualdade, a conciliación, a corresponsabilidade, a prevención da violencia contra a muller e outras actividades de diversa índoles que contribúan ao empoderamento feminino e fomenten a igualdade de oportunidade entre homes e mulleres.

MANTEMENTO DAS INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E CABALGATA DE REIS

A Xunta de Goberno local tamén aprobou a contratación do servizo de mantemento das instalacións eléctricas das dependencias, iluminación pública e semafórica do Concello de Ferrol a SICE S.A. O importe máximo de licitación era de 1.142.868,57 euros e, finalmente, foi adxudicado por 836.279,84 euros (Ive incluído) por un ano prorrogable co gasto imputable en dúas anualidades: 139.379,98 (2017) e 696.899,86 euros (2018). Nove firmas optaron a este contrato que se licitou mediante procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada.

Na xuntanza de Goberno deste luns tamén se deu o primeiro paso para a contratación da produción e execución da cabalgata dos Reis Magos (5 de xaneiro 2018) coa aprobación do expediente de contratación que inicia Festas. Conta cun orzamento máximo de 45.000 euros (IVE incluído).

O contrato será por un ano prorrogable outro mais e será convocado mediante procedemento aberto con pluralidade de criterios conforme as condicións descritas nos pregos.

RECUPERACIÓN DO DIQUE DA CABANA E DA SÚA CONTORNA

A XGL tamén aprobou hoxe o proxecto básico de seguridade e de execución, dirección de obra, coordinación, saúde e seguridade para as obras de restauración do dique da Cabana e da súa contorna, que se vai executar ao abeiro dunha o abeiro dunha convocatoria de axudas do FEMP da Consellería do Mar 2014-2020.

Un proxecto, que como se informou en marzo, corresponde ao área de Emprego e Promoción Económica e que se vai a acometer na posta en valor do dique, unha propiedade municipal que ocupa unha superficie de mais de 5.000 metros cadrados e que comprende dique, peiraos, muros, explanada e dúas edificacións.

O dique da Cabana foi a primeira iniciativa naval civil que se desenvolveu na ría, data de XIX. O orzamento total para a súa rehabilitación ascende a 217.390,00 euros dos que a achega do FEMP sería do 69% (150.000 euros) e o Concello aportaría o restante: 67.390 euros en tres anualidades 2017 (10.890), 2018 (20.000) e 2019 (36.500).

DECLARACIÓN DE RESPONSABILIDADE DA INMOBILIARIA URBIS POR VICIOS OCULTOS

Por último, na XGL aprobouse a declaración de responsabilidade da empresa Inmobiliaria Urbis, agora Reyal Urbis, S.A -en concurso de acredores- por vicios ocultos nas obras de urbanización da parcela de Fenya, en Canido que derivaron do desprendemento dun muro no xardín que linda coa escola infantil Virxe de Chamorro. O Goberno fai, con esto, un requirimento para que a empresa execute as obras que previsiblemente se acometeran desde o Concello pola vía subsidiaria a vista da situación concursal da inmobiliaria. Ao tempo, o Concello persoase no procedemento xudicial para poder reclamar a empresa o coste das obras derivadas destes vicios non subsanados.

O procedemento de reclamación administrativo iniciado polo Goberno local o 4 de setembro, é un trámite legal imprescindible para que o Concello poida acometer, de xeito subsidiario e no prazo mais breve posible, as obras precisas para garantir a estabilidade dos terreos co reforzo do muro de contención impedindo a erosión e a entrada de auga no seu corpo, afianzando a estabilidade do terreo en toda a zona.

O mes pasado, a empresa foi requirida formalmente polo Concello de Ferrol e tiña un prazo de audiencia no que formulou alegacións que agora son foron desestimadas por Urbanismo, para declarar a súa responsabilidade nos defectos da urbanización.

As obras desta urbanización se aprobaron en XGL no ano 2004 e foron recepcionadas polo Concello en novembro do 2006. Ate nove informes técnicos municipais en 2014 (4), en 2015 (2) e 2017 (3), a maiores dun estudo xeotécnico externo, xa advertiron das súas múltiples deficiencias.

Para rematar, na XGL procedeuse ao recoñecemento dunha ducia de facturas por importe de 16.027,55 euros que corresponden a distintos servizos prestados ao Concello nas áreas de Cultura, Deportes, Benestar ou Sanidade, polo servizo de desratización no municipio correspondente ao mes de setembro.

Compartir noticia:

  • /

Deixa un Comentario

O teu email non será publicado. Os campos requeridos están marcados con *